O CPXG rexeita as presións que sufriu un informador da TVG na manifestación a prol da lingua

Redacción

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) rexeitou hoxe publicamente a actitude dalgunhas persoas que acudiron á manifestación convocada por Queremos Galego en Compostela e que increparon ao informador da TVG mentres cubría a mobilización en directo. A Xunta de Goberno do CPXG entende que estas accións son presións contra os xornalistas, inadmisibles para o normal desenvolvemento do seu traballo, e lembra aos participantes que o informador traslada á opinión pública feitos, datos e declaracións a través dun medio, independentemente de que comparta ou non a súa liña editorial.


O Colexio de Xornalistas agarda que os responsables de Queremos Galego trasladen estas ideas entre os seus convocados en vindeiras mobilizacións, se as houbese, e valora positivamente a actitude daqueles representantes da organización que pediron calma e saíron en defensa dos traballadores dos medios públicos.

19 de out. de 2009

4 comentários :

  • É falso que ese informador sufrise unha agresión. Como é lóxico, os asistentes á concentración aproveitaron a presenza para protestar pola actitude da TVG, de Rosa Vilas de Cambados e de Pilara, antiga nacionata de Ortigueira. O que ocurriu foi que o cámara da TVG amosou o dedo corazón en posición de 'ide mamar' (con perdón e os consabidos respectos) aos manifestantes que o insultaron, pero non o agrediron. Isa foi a gran manipulación que houbo, a suposta agresión que nunca existiu. É lóxico que alguen asubíe a un cámara. Nas manifestacións do PP chegouse a agresión física sin mediar provocación. Isa é a gran diferenza entre xente civilizada que acudíu a Santiago da que se da nas manifestacións do PP-Fuerza Nueva-Opus Dei-G. Bilingüe. Tanto a TVG coma o CPXG deberían rectificar e falar do que realmente sucedeu, porque o da provocación, da que hai moitos testemuños, foi certa.

    13:34 do 21 de outubro de 2009

  • O que pasou o domingo coa TVG, non có xornalista, é unha mentira máis da extrema deeita do PP, unha anécdota da cal fan unha batalla.As imaxes en cuestión sairon na propia TVG no programa ¿Foro Aberto?, e só se escoitaban alusións á TVG.Carlos Luis Rodriguez que destacou pola súa dependencia do PP, e por riba quedou mal polos ataques, máis que preguntas a Carlos Callón, e máis outro xornalista nin siquera comentaron o do Anónimo Anterior e por algo sería.Vamos, que o PP está molesto e busca onde non hai.

    FENDETESTAS

    13:06 do 22 de outubro de 2009

  • A través desta comunicación quixera informar a Voz de Vilalba de que existe unha foto na que se ve ao cámara da TVG ensinando o dedo na posición que acertadamente indica o primeiro dos colaboradores. A foto esta no blog de Carlos Callón. Imaxino que non tería problema en cedela e así poderíana ver moitos lectores que, se cadra, teñen unha información sesgada dos feitos.

    Xan do Muíño

    17:40 do 26 de outubro de 2009

  • Podo dicir de primeira man, porque estaba xusto ao pé do escenario, que o que pasou foi que o xornalista ía conectar en directo, coa Quintana de fondo, cando aínda estaba entrando a cabeza da manifa e, por tanto, a praza non estaba nin moito menos chea. Iso é unha manipulación descarada por parte da TVG. Por que o ínclito Colexio de Xornalistas non sae en defensa da ética profesional? Estómagos agradecidos?

    18:11 do 26 de outubro de 2009

Danos a túa opinión