AchegArte 2009

Redacción

AchegArte é a feira da cultura que facemos, da cultura que queremos. Terá lugar na Coruña -en Palexco e no Kiosko Alfonso- os días 28 e 29 de novembro, e ofrecerá os seguintes contidos:


  • Exposición e venda: sector audiovisual, asociacións culturais, software libre e empresas de xestión cultural, editoras, librarías, produtoras discográficas e axencias de representación, galerías de arte. As actuacións de música e artes escénicas alternaranse cos actos literarios e os obradoiros.
  • Sala de proxeccións.
  • Espazo musical para actuacións de pequeno formato de escolas de música públicas e privadas.
  • Espazo de música e artes escénicas.
  • Espazos para actos literarios e obradoiros.
  • Aula de portátiles con wifi.
  • Espazos para obradoiros.
  • Espazo para actuacións de danza.
  • Mesas de traballo sobre o estado da cuestión da Cultura galega. Cada mesa será moderada por unha persoa e outra encargarase de recoller por escrito unhas breves conclusións tiradas ao final da sesión. As conclusións serán publicadas neste mesmo blogue na semana posterior á celebración de AchegArte.
  • Mesa da música: músicos, discográficas, empresas de representación, programadores e toda persoa interesada.
  • Mesa edición e literatura: autores, editores, libreiros, distribuidores e toda persoa interesada.
  • Mesa artes escénicas: intérpretes, directores, autores, produtores, compañías, programadores e toda persoa interesada.
  • Mesa programación cultural: programadores, salas, empresas de xestión cultural, técnicos de concellos, asociacións culturais e toda persoa interesada.
  • Mesa software libre: asociacións, colectivos, empresas e toda persoa interesada.
  • Mesa audiovisual: creadores, produtoras, distribuidoras, programadores e toda persoa interesada.
Se queres colaborar na organización de AchegArte, podes facelo nas seguintes seccións:
  • Secretaría e información.
  • Sala de prensa.
  • Reparto publi dentro e fóra de Palexco (programa de actividades)
  • Coordinación sala proxeccións.
  • Coordinación entradas e saídas escenario.
  • Coordinación comezo e final obradoiros.
  • Coordinación de salas.
  • Levantar acta de cada mesa de traballo.
  • Coordinación de voluntarios.

Ponte en contacto a través de cultura@coruna.es

04/11/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión