'The Beatles: Re-Volver' o vindeiro mércores en Compostela

Redacción

O legado dos Beatles será revisado desde diferentes perspectivas o vindeiro mércores na Sala Capitol de Compostela con motivo do 40 aniversario da separación da banda de Liverpool nun concierto que dará comezo ás 23.00 horas. Polo prezo de tres euros poderanse ver as actuacións de The Homens, Neno e Pistola, Narf e Javier Abraldes, Magín Blanco & Burgas Beat, Magritte, o grupo folk Faltriqueira e a banda de jazz U-lo Trío, nun espectáculo no que o escritor e xornalista Camilo Franco actuará de indiscutible mestre de cerimonias. Esta iniciativa, The Beatles: Re-Volver, foi promovida desde a Concellaría de Cultura de Santiago e forma parte da programación do festival Cineuropa, que inclúe este ano un ciclo dedicado ao grupo inglés, coa proxección de filmes como A Hard days night, Magical Mistery Tour e a película de animación Yellow submarine.

09/11/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión