Cartas de amor dunha monxa portuguesa

Redacción

A actriz Raquel Pintos desenvolve ao longo de 40 minutos o xogo dramático desta producción de Santart Teatro, dirixida por Theodor Smeu Stermin, dentro dunha gaiola de madeira de 1,70 metros cadrados, mentres os espectadores (só dez persoas) permanecen de pé ó lado de todos e cada un dos compartimentos da gaiola, mirando a acción a través dun ventanuco de confesionario. A escenografía e a posición dos espectadores non son moi convencionais, pero, segundo din os responsables da obra, son xustificadas e sumamente necesarias.

Non é precisamente a epistoloxía o xénero literario máis apto para a dramatización. Aínda así, Santart Teatro atrevese a dar unha forma escénica ás cinco cartas de amor asinadas pola monxa portuguesa Mariana Alcoforado nesta obra que se estreou en xuño de 2008 na Sala de Teatro SANTART. Os seus contidos cautivan pola maneira inxenua e a precisión exacta coa que son expresados os sentimentos amorosos. Todo aquel que le as cinco cartas experimenta unha intensa pesadume diante da vulnerabilidade humana que sustentan. O lector asiste con asombro a unha pérdida de todo límite por parte da voz namorada. As cartas da monxa portuguesa resistiron o paso do tempo e son, no noso momento, a testemuña dun amor que triunfou sobre as prohibicións e a distancia a través da palabra.

O mesmo director, o transilvano Theodor Smeu Stermin, encárgase da escenografía, do son, das luces, do deseño gráfico e das fotos promocionais da producción. O vestiario corre a cargo de Nenuca Pérez Devesa.

SANTART TEATRO é unha Compañía de Teatro Profesional de Santiago de Compostela, fundada no ano 2003 que leva realizando varias produccións, entre elas: "O peto de pan", "Buscase clown vello", "O2 - pegadas sin identificar dunha traxedia grega", "Co violín que facemos?", "Traxedia dell' Arte", "A historia do soldado", "Cartas de amor dunha monxa portuguesa", "A Azotea" ou "E a ti, que che contou Mozart?". Todas as produccións realizadas forman parte dun rexistro escénico que aposta pola ausencia de elementos escenográficos superfluos e potencia deste xeito a acción dramática en todas as súas valencias.

A partir do 2004, a compañía de teatro SANTART forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios. A día de hoxe conta con tres espectáculos de teatro en cartel: "As cartas dunha monxa portuguesa", "Búscase clown vello" e "E a ti, que che contou Mozart?"

Esta e outras produccións pódense ver na Sala de Teatro SANTART, que desde o ano 2008 forma parte da Rede de Salas de Galicia, na Rúa Ruela de Brión 5, Baixo, en Santiago de Compostela (fronte ao Instituto de Pontepedriña). O prezo único para "As cartas dunha monxa portuguesa" é de 10 euros.

Poden reservarse as entradas na web da Sala SANTART ou ben chamando aos teléfonos:
981 592 665 / 630 017 268

16 de nov. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión