Comunicación e cultura nos ámbitos locais


Redacción

Galicia conta cunha grande cantidade de iniciativas de comunicación nos ámbitos comarcal e local, tanto públicas como privadas. Este feito animou ao Consello da Cultura Galega a organizar un foro de debate para analizar a evolución destes medios e para reflexionar sobre as súas posibilidades no momento actual, cando a industria mediática afronta un proceso de reorganización. Ademais de reunir especialistas que estudaron o papel destes medios de proximidade, este evento será unha boa ocasión para intercambiar puntos de vista sobre as experiencias levadas adiante nos últimos anos.

O Arquivo de Comunicación do Consello da Cultura Galega entende que neste momento, cando a mundialización parece presidir boa parte dos procesos comunicativos, resulta oportuna unha fonda reflexión sobre a comunicación e a cultura nos espazos locais.

Neste foro, que se celebrará en Compostela entre o 23 e 25 de novembro e no que estará presente A Voz de Vilalba, participarán numerosos expertos en política, comunicación e cultura. Trátase de reflexionar sobre temas tan actuais como os procesos de comunicación local na era dixital, as iniciativas locais e a súa relación cos grandes grupos de comunicación ou as iniciativas no mapa público da comunicación local de Galicia. Para máis información pódese visitar a páxina http://consellodacultura.org/?page_id=1015

17 de nov. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión