De Vilalba ao Guiness via Rock'n'roll

Redacción

Desde o Pub Fardela de Vilalba andan coa teima de bater nada menos que dous records Guinness, a saber: o de maior tempo continuado de música en directo (9 días) e o de maior número de grupos actuando (500). Para elo, xa están previstas as datas: do sábado 7 ao domingo 15 de AGOSTO DE 2010. A repartición de horarios e días por motivos de loxística (case 500 grupos) será sorteo puro cunha urna cos nomes dos grupos e outra con cada día e hora prevista. Se alguén quere cambiar despois a súa data e hora poderá facelo poniéndose en contacto co grupo co que queira facer o troco. Como parece lóxico, a organización non pode pór os horarios como mellor conveña a cada un, pero, segundo anuncian, tamén se fará o sorteo co tempo suficiente para que, quen traballe ou queira planificar unha viaxe ou o que sexa, poida arrancar os seus plans sen que iso entorpeza a súa participación no evento.

Hai tamén unha serie de requisitos definitivos que deben ser cumpridos se se quere que o record sexa válido. Estes requisitos son os mesmos que os que esixiron en Berazategui (Arxentina), lugar onde se bateron os anteriores records:

-Os participantes deben ser grupos de, polo menos, tres membros encadrados en categoria rock ou pop, é decir, debe haber instrumentos eléctricos. Convén aclarar que dentro do rock pódese admitir desde metal ou punk a country ou blues sen que elo supoña un problema.
-Non se aceptarán composicións instrumentais, todos os temas deberán ter letra.
iso si, non é necesario que os temas sexan propios.
-Entre canción e canción, e entre grupo e grupo, o tempo máximo son 30 segundos!!
-O tempo de actuación deberá ser entre 20 e 30 min. O ideal serán uns 25 min. para que saian as contas e non se chegue a un desfasamento horario moi grande con respecto á idea orixinal, pero tampouco se vai cortar ningunha canción pola metade; iso si, o límite máximo de 30 si debe ser respectado.

Aqueles grupos que cumplan estes requisitos e esteñan interesados en participar (incluso os que xa comunicaron aos organizadores a súa dispoñibilidade) deberán enviar un correo á dirección fardelapub@hotmail.com (ou a través de myspace). Nel incluirase: o nome do grupo; un teléfono de contacto e un mail de contacto. Tamén compre sinalar que a organización pagará a cada grupo 150 euros en concepto de gastos de desprazamento.

13/11/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión