Eu fáloa... porque me peta !!

Manuel París

Os novos tempos obrigan a que nos plantexemos novos retos: un deles é a necesidade de que a lingua galega sexa considerada como “dereito e deber” e así se reflicta na futura reforma estatutaria. Chama a atención o feito de que nos últimos anos disminuíra o número de galego-falantes, especialmente entre as novas xeracións.

Débense artellar políticas dinámicas que fomenten o seu uso en distintos eidos (ensino, Administración, empresa...) e favorezan o noso compromiso coa lingua. Hai que aprobar materias pendentes, entre elas a actitude dos medios informativos co idioma; non se trata só de publicar portadas en galego coincidindo con datas sinaladas coma o Día da Patria ou as Letras Galegas.

Por iso recuperamos as verbas de Celso Emilio, de tributo á lingua: “... eu faloa porque si, porque me gusta / porque me peta e quero e dame a gana / porque me sae de dentro, alá do fondo / dunha tristura aceda que me abrangue / ó ver tantos patufos desleigados, / pequenos mequetrefes sen raíces / que ó pór a garabata xa non saben / afirmarse no amor dos devanceiros...”.

9 de nov. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión