O idioma non se pode elixir, di o Tribunal Supremo


Redacción

A sentenza do Tribunal Supremo (TS) di que recoñecer a "toda persoa dependente da xurisdición dun Estado o dereito a ser instruído na lingua da súa elección conduciría a resultados absurdos, xa que todos poderían reivindicar unha instrución impartida en calquera lingua, en calquera dos territorios". Polo tanto, os pais non poden elixir o idioma no que estudan os seus fillos. O alto tribunal expón este argumento -entre outros- para non admitir o recurso que presentou unha familia de Vigo, que reclamaba que o seu fillo non tivese clases en galego e se educase integramente en castelán.

O texto sinala que a liberdade de elección "conduciría a resultados absurdos, xa que todos poderían reivindicar unha instrución impartida en calquera lingua". A sentenza nega tamén que exista discriminación por razón de lingua contra os recorrentes, e mesmo indica que "a discriminación produciríase precisamente no caso de que a Administración autorizase o pretendido polo recorrente". Os interesados en ampliar esta información poden facelo consultando a sentenza completa (Fontes: Vieiros e Centro de Documentación Xudicial do TS).

17/11/2009

3 comentários :

Danos a túa opinión