O xeito de comportarse tamén é importante

Martín Seco García

Dende neno sempre escoitei que era moi importante comportarse cos máis do xeito que a un lle gustara que se comportasen cun mesmo. Durante moitos anos tiven que escoitar dos meus maiores, que os representantes públicos tiñan que ter un comportamento exemplar debido ás institucións que representan, e dende logo, son dos que pensan que non se pode esixir dos máis, o que un, non é capaz de cumprir na súa propia vida, nin intentar representar publicamente aquelo que non demostras representar na túa vida persoal. Vamos, por poñer un exemplo, que se un é de esquerdas, ten que demostralo tamén diariamente na súa vida persoal, aínda que moitos pretendan facer ver equivocadamente, que ser de esquerdas é pasar fame e non traballar solidariamente para que ninguén a teña que pasar.

Cando unha persoa, da o paso para formar parte da representación pública, é dicir, ser elixido políticamente para representar ós seus veciños, deixa de ser un cidadán común para ter que comportarse sempre dun xeito correcto ante as persoas que representa, o que en moitos casos, supón unha renuncia persoal a certos espazos de liberdade, que ten que levar a cabo, para mantelo respecto dos seus conveciños, porque aínda que todos, incluso os representantes políticos, teñen dereito a certas licencias ou festividades, ben é certo, que un representante público non pode dar a imaxe de ser unha persoa de vida desordenada ou que non sabe responder á imaxe de autoridade pública que lle deron os seus veciños. E aínda que unha persoa teña nas súas mans o poder da administración local, debe de ter sempre un comportamento, se cadra, máis humilde do esixido, para poder representar ós cidadáns do xeito máis cercano posible e así poder recibir mellor dos cidadáns as problemáticas que lles preocupan. Xa se sabe, a muller do Cesar non só ten que ser honrada, senon que tamén debe de semellalo.

Xeralmente, os sistemas democráticos castigan a aqueles políticos que non saben comportarse correctamente e demostran que non respectan a aqueles que lles votan, e aínda así temos que observar como neste pasado verán e noutras ocasións anteriores, os nosos representantes do Grupo de Goberno do Partido Popular acumulan unha sucesiva falla de respecto polos cidadáns do noso concello e un comportamento prepotente que invita a pensar que a sociedade vilalbesa poida acabar sentindo un forte cansanzo dos seus gobernantes, que como nunca tiveron que pasar pola oposición, pensan que o poder lles chega por orde divina e non por tratar correctamente os veciños que os elixen para que os escoiten e traten de igual a igual.

Son archicoñecidas por parte de todos e todas as múltiples saídas de ton do señor Gerardo Criado, que fai que moitos pensemos que o Partido Popular debería facer un esforzo por ter un máximo representante no concello con outro tipo de actitude ante os veciños e que dende logo, dista bastante do que moitos votantes, incluidos os do Partido Popular, queren para o noso concello, pero tamén é certo, que outros membros do goberno local deberían de facer un esforzo por non caer na prepotencia, nin no mal trato ós veciños que lles dan a posibilidade de exercer a nobre labor de rexir os destinos da súa vila e deberían de ser capaces de xestionalas críticas sen os sobresaltos ós que nos teñen acostumados.

Como iba decindo, son moitos os casos de desprezo e falla de respecto polos veciños que este verán acumularon os nosos gobernantes no concello e dos que vou a tratar de sinalar:

O polifacético Suso Trastoy, un vilalbés de pro, unha desas persoas que sempre están dispostas a participar en todos aqueles recunchos da nosa sociedade que fan que o lugar onde vivimos se poda chamar pobo, tivo que soportar o desprezo que lle mostraba a Concellería de Cultura, cando sufriu en pel propia, como un permiso pedido con meses de antelación para poder expoñer a súa obra gráfica no Auditorio Vilalbés, dende o día 22 de Agosto do 2009 ata o final das festas de San Ramón, veulle respostado positivamente, nada máis e nada menos, que o día 27 de Agosto, con selo oficial do día 26, sen máis que cunha disculpa dunha empregada pública que se autoinculpou do sucedido, e sen ter noticias do representante da Concellería de Cultura que nin tan sequera se dignou a pasar para disculparse, e xa non digo para visitala exposición, que ó final levou a cabo no Centro Cultural Recreativo, aínda que ésta xunto con outra exposición organizada polo IESCHA, ambas alleas ó Concello, fosen as únicas actividades culturais, sen contalo certame literario, que se organizaban nas festas de San Ramón.

Tamén, nesa outra exposición do pintor Santiago Catalán, organizada polo sempre activo IESCHA, tivemos que soportala falla de respecto e sensibilidade cultural de dita Concellería e demais membros do grupo de goberno do Partido Popular, posto que ante a solicitude do artista de pintar a sala do Auditorio, onde ía a expoñela súa obra, e unha vez feita a solicitude ó Concello, pola directiva do Instituto de Estudos Chairegos, atopáronse, unha vez máis, coa ineptitude e o continuo desprezo que o Concello infrinxe a ésta e outras asociacións que non bailan acompasadas ó “SON POPULAR” marcado por Criado e os seus.

Outro caso sucedeu os días posteriores á Xira Campestre, os membros da Asociación de Pescadores de Vilalba denunciaban públicamente e tamén no Concello, o mal estado no que quedara o río Madalena, despois desta festividade e que empeoraba a mala situación na que xa se atopaba con anterioridade o noso río, sen que dita denuncia fixese que o señor Alcalde e o seu grupo reaccionase ante a inminente celebración dun campeonato galego de pesca, chamado “Copa Presidente da Xunta”, que ía a traer a nenos e nenas coas súas familias dende moitos rincóns de Galicia, que poderían levarse unha moi mala impresión do noso concello. Pero lonxe de raccionar ante dita posibilidade, os nosos gobernantes máis preocupados por fastidiar a ese grupo de pescadores, nada dóciles por tratar de salvagardar o estado do río no que levan a cabo o seu deporte, non fixo absolutamente nada para evitar tal desastre.

Tamén nestes últimos tempos puidemos observar como ante a necesidade de talar unhas árbores, que poderían causar problemas de humidades nalgunhas vivendas situadas en Cuart de Poblet, e que levaban moitos anos olvidadas polos gobernantes do Partido Popular, o Alcalde e o Concelleiro de Obras, que chegaron á zona para proceder a tala, sen mediar previamente ningún aviso ós veciños de dita rúa, ameazaron cun posible desacato á autoridade e o alcalde autodenominouse dun xeito chulesco como “A Lei” para proceder a evacuar un vehículo dun dos veciños anoxados por dita situación, entendible por non ter ningún tipo de información previa de que se ía a proceder a talar esas árbores.

Outro caso sucedeu nas festas de San Ramón, o domingo día de Feira, un día utilizado polo Concello para honrar cada ano a unha das 29 parroquias vilalbesas, para elo, un representante de dita parroquia, fai unha ofrenda a San Ramón, solicitando do Santo aquelas cousas que considere oportunas. Con este fin, un veciño, máis concretamente o pedaneo da parroquia homenaxeada, fixo unha ofrenda solicitando de San Ramón, o que moitos dos seus veciños, seguro que pedirían para a sua parroquía, o que non debeu de ser do agrado do Delegado de Cultura que miraba cun xesto de contrariedade ó pedaneo, que non debía de seguir o guión establecido e non debía de estar mostrando no seu discurso o nivel esixido por dito concelleiro, que actuaba dun xeito pouco cercano e respetuoso coa persoa que facía ese esforzo que eles mesmos lle encomendaran.

Con estes feitos e tendo en conta o antes comentado, esperemos a ver se é certo, eso de que os cidadáns castigan este tipo de actitudes e podemos ver como os veciños se fartan de ter uns gobernantes tan pouco cercanos ó pobo e tan pouco respetuosos cos que lles votan maioritariamente dende fai tanto tempo.

02/11/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión