'Che Sudaka' na sala NASA

Redacción

En outubro CHE SUDAKA publicaronn o seu novo disco: TUDO É POSSIBLE. Porque despois de sete anos de xiras sen freo e máis de 700 cocnertos en 17 países, os cinco múscios de Arxentina e Colombia gañaron a valoración e o respeto tanto do público como da industria musical. E todos coinciden cando din que teñen un dos directos máis enérxicos, tolos e contundentes do panorama musical internacional.

Comezaron como inmigrantes ilegais que tiñan que traballar nas rúas de Barcelona cos seus instrumentos para poder comer. Hoxe xa teñen un sitio fixo na escena musical europea, son convidados aos festivais máis importantes e teñen siareiros en multitude de paises. Con este disco, Che Sudaka comeza un novo capítulo da súa carreira e sen dúbida presentarán a súa obra mestra por todo o mundo. Nas súas actuacións ao vivo agárdanos, coma sempre, unha frenética batería, unha sólida e potente guitarra, un baixo e varios samplers e efectos que nos levan para adiante, coros polifónicos, influencias de cumbia e rumba e, por suposto, o tolo espectáculo dos irmáns que levan a voz cantante, Leo e Kacha.

Máis información na web de CHE SUDAKA.
Entradas anticipadas na web da NASA.

02/11/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión