Taller para xornalistas sobre violencia de xénero


Redacción

Caja Mediterráneo e o Colexio de Xornalistas organizan, dentro do programa "Coñecer a mirada", dous talleres de prevención da violencia de xénero para xornalistas, a desenvolver na Coruña o día 3 de novembro e en Santiago de Compostela o día 6 do mesmo mes. O taller da Coruña realizarase de 10:30 a 14:00 horas na Galería Sargadelos (Rúa Real 56), contando coa súa colaboración; mentres que o de Compostela será no Club Internacional de Prensa, en xornada de 9:30 a 13:30 horas.

O taller de formación ten como obxectivos ofrecer formación especializada, proporcionar información sobre os diferentes recursos de atención integral ás vítimas e reflexionar sobre as pautas e recomendacións acerca do axeitado tratamento informativo sobre a violencia de xénero. A inscrición é gratuita e entregarase un certificado de asistencia ao final do taller. As prazas son limitadas, xa que se aceptará un máximo de quince persoas por xornada. Os interesados e interesadas poden inscribirse a través do número de teléfono 981 935670 ou do enderezo xornalistas@xornalistas.com

02/11/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión