"20 anos de arte galega", en Pontevedra

Redacción

O ciclo de debates que clausura de xeito especial a efeméride da Fundación Caixa Galicia, dá comezo o 7 de novembro en Pontevedra. A Sede Fundación da cidade abre as portas a unha reflexión participativa sobre arte, moderada polo comisario e crítico de arte David Barro, e na que falarán cinco convidados de nivel: a artista Almudena Fernández, o coleccionista José Blanco Fondevila, o fotógrafo Vari Caramés, Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra, e Asunta Rodríguez, directora da Galería Trinta.

1 de dec. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión