Cine galego en Barcelona

Redacción

Para a difusión da cultura galega alén das nosas fronteiras moitas veces non fan falla grandes aspaventos. Unha labor moi interesante e silandeira é a que fan os diferentes centros galegos espallados polo mundo. Neste sentido, este sábado dia 5 a sala de cinema do Centro Galego de Barcelona vai presentar o documetal "Ven a bens" (1992) sobre o microcosmos dun vertedeiro de lixo en Bens (A Coruña) e que está considerado como un dos mellores documentais galegos da década dos noventa. foi dirixido por Sandra Sánchez Cachaza a partires dun guión dela mesma e contou coa música de Andrés Teijeiro, a presenza de Ricky R. Morgade coma director de fotografía e de Sandra Sánchez Cachaza nos labores de montaxe.

Ese mesmo día tamén se proxectará "O Tesouro" (1997), adaptación do relato de Anxel Fole do mesmo título. Partindo do escenario onde son contados os relatos, a carón dunha lareira ou chemenea nunha noite do inverno, Anxel Fole, exemplo do costumismo galego, presenta nos seus contos un retrato da historia da Galicia labrega. Os elementos fantásticos pertencen ao mundo irreal e descoñecido. Visións ou soños onde aparecen estrañas personaxes tendo como elemento común a búsqueda do tesouro e a forma violenta de tratala morte como no caso presente, no que os ciumes levan á morte ao amante e anos despois ao seu descendente no mesmo lugar.

"O tesouro" estivo coproducido por TVG, e a Dirección Xeral de Política Lingüística e foi o primeiro telefilme da Galega. Estivo dirixido por Xaime Fandiño Alonso, autor do guión, e contou coa produción executiva de Hilario Pino, a música de Manuel Conde Paz e os efectos especiais de Ricardo Spencer Hartman.

3 de dec. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión