Inicio das xornadas de Música Tradicional organizadas pola Tradescola de Mondoñedo

Redacción

A Casa da Xuventude de Mondoñedo acolleu a primeira parte das actividades que A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, desenvolverá estos días na vila. Durante máis de unha hora Bruno Villamor e Emilio Mesías fixeron un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos cautivando aos case 100 alumnos de primaria que asistiron ao concerto. Cunha gran acollida, por parte do numeroso público asistente, estes dous mestres da Tradescola amosaron os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.

Estas xornadas, que se iniciaron hoxe na Casa da Xuventude de Mondoñedo cun concerto didáctico adicado a escolares, continuarán o día 13 tamén na Casa da Xuventude con un curso de gaita que estará guiado por Bruno Villamor e Emilio Mesias, dous mestres de reconocido prestixio no eido da música tradicional. O curso de gaita, con obradoiros de iniciación e perfeccionamento, iniciarase ás 11.00 h. e rematará ás 20.00 h.

A Tradescola ten como obxectivo ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional e poder colaborar con asociacións de toda a provincia, a través da realización de actividades relacionadas co ensino da música e baile tradicionais. A actividade da escola, aínda que centrada en Lugo, trasládase así, a través de diversas accións formativas, ás distintas comarcas da provincia.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

11/12/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión