O Proxecto Galicia XXI en RNE

Redacción

O vindeiro venres 4 de Decembro Galicia XXI presentarase en RNE-2 (Radio Clásica) e (RNE - 1) ás 15 h. en directo, dende a Fundación Juán March no programa MSLM de Fernando Palacios.

O proxecto Galicia XXI nace coa idea de recopilar o repertorio para frauta e piano creado por compositores galegos de diferentes épocas e estilos, expoñendo a obra ao público, que ata o de agora non tivera a oportunidade de apreciala dun xeito global, deixando constancia desa realidade en forma de arquivos impresos e sonoros.

Outro dos aspectos interesantes do proxecto é o traballo de interpretación que sobre estas obras realiza o dúo, en moitos dos casos en colaboración directa cos compositores, (alguhas destas obras son estreas absolutas) asegurando o rigor interpretativo que as obras merecen e marcándose como obxectivo conseguir interpretacións que sirvan de referencia ás persoas que decidan achegarse a este repertorio.

Por outra banda e para asegurar o millor dos entendimentos posibles, este proxecto inclue unha proxeción nunha pantaia no mesmo escenario de, fotos, datos biográficos e reflexións dos compositores durante a interpretación das súas respectivas obras.

Poñer en valor as fontes creativas de vangarda no noso país é unha obriga que temos para asegurarnos un futuro como pobo, nun mundo que tende a globalizar ate o pensamento.

Máis información na web de Galicia XXI

01/12/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión