O río que nos une


Iago Castro e Rui C. Martíns

"Se imaginássemos que os Estados centrais implodiam, a Galiza e o Norte de Portugal formam claramente um país, partilhando características muito próprias"
José Albino Da Silva Pereira
Entrevista no Jornal de Notícias 19/12/09

O autor desta frase é nin máis nin menos que o presidente do Conselho Económico e Social da República Portuguesa, recentemente eleito por maioría de dous terzos na Asemblea da República, membro do Partido Social Democrata, ex-deputado europeu e ex-ministro de emprego e Segurança Social nos gobernos de Cavaco Silva.

Cada vez somos máis os que concordamos nesta idea. De facto, é a que fai que esteamos a escreber estas liñas, a catro mans, dous minhotos que hai tempo nos tratamos de compatriotas, a pesares de termos diferentes pasaportes, e que ultrapasamos constantemente esa fronteira cada vez máis artificial.

Nesta Europa que procura, por primeira vez na historia, unha identidade común, as identidades particulares que forman o conxunto cobran cada vez máis importancia. É neste proceso de construción onde ten sentido repensar a identidade minhota como referente común a máis de seis millóns de persoas que viven en ambalasdúas beiras do pai Minho e que comparten sinaladas características comúns alén da língua e a cultura.

O contexto actual débenos facer reflexionar sobre as posibilidades desa “implosión” dos estados actuais que Da Silva tan só imaxina. Portugal leva xa demasiado tempo mergullado nunha fonda crise que o centralismo lisboeta non contribúe a minguar. Alén diso, a fracasada regionalizaçao sometida a referendo en 1998, e que a caste política non tomou abondo en serio, obtivo sen embargo na altura un claro respaldo nas zonas urbanas do norte -trunfou o si en Porto, Matosinhos, Viana do Castelo, etc.- Pola contra, a alta abstención e a negativa global do electorado relegaron ao esquecemento unha reforma a cada paso máis necesaria, debido á crecente conciencia de boa parte da poboación “periférica” portuguesa do cada vez maior desequilibrio en cuestións como as infraestruturas, o gasto público, etc.

Na España, pola súa banda, non é política-ficción pensar nunha secesión catalá máis próxima do que poida parecer, e non axuda nada esoutro centralismo madrileño incapaz de pactar un modelo de estado máis plural e integrador que o actual. Neste escenario, unha España sen Catalunya, quedaría por ver se é posíbel manter o actual status quo entre as diversas “nacionalidades e rexións” que proclama o texto constitucional.

É por iso que, alén de ideoloxías ou sentimentos, deberiamos comezar a pensar nas cousas que nos unen, nas enormes posibilidades deste país que, aínda dividido entre dous estados, posúe un serio potencial de futuro. A re-unión das Galecias lucense e bracarense precisa que tomemos conciencia de sermos algo máis que bos veciños.

30 de dec. de 2009

9 comentários :

  • Dades na diana, e xusto o que reclama a pobo.

    18:02 do 30 de decembro de 2009

  • Aínda que os temas identitarios son espiñentos, parece que esta idea se vai abrindo paso, non tanto entre os galegos como entre moitos portugueses norteños. A crise, como ben dicides, está a cambiar moitas opinións, e a posibilidade dalgún xeiro de asociación con Galicia non se ve con malos ollos. O que pasa é que ó mellor é un debate a moi longo prazo.

    Rosalía

    20:45 do 30 de decembro de 2009

  • Creo que é necesaria expandir a opinión de que somos máis alleos a Madrid que ao norte de Portugal.
    Xa o dí un chiste:Dous nenos, un preguntalle a outro, como é que os da outra beira do río,o Minho,chámanlles extranxeiros e aos de Madrid non?.Cousas irracionais máis existen.
    Temos máis en común có Norte de Portugal que con Espanha.

    FENDETESTAS

    13:14 do 3 de xaneiro de 2010

  • Por razóns obvias, o amigo Fendetestas ten razón e calquera dos outros dous comentarios tamén son certeiros. Como residente da outra beira do Miño (Levo 20 anos vivindo en Vigo, por razóns profesionais) hai que engadir que a gran diferenza que existe entre os que viven alén da raia e os que fan máis alá é de prezos. É certo que falamos, nesta zona, practicamente a mesma lingua, que somos iguais en moitas cousas, pero lembrando o exemplo do café de Zapatero debo dicir que aqui custa 1,10 € en calqueira bar, mentre que alí 0,50 € nunha boa cafetería. Por desgraza, para os nosos compañeiros do sur ese medio euro é moito máis caro que o que podamos pagar nos. Portugal, para os que o viven dia a dia, non é tan barato. Os franceses tamén dín que o Estado español é barato. Compartimos nos esa opinión?.
    XAN DO MUÍÑO

    13:23 do 4 de xaneiro de 2010

  • Non creo que sexa o que o pobo pide como di anonimo 1.

    Particularmente sintome mais en sintonia cun de Madrid,Bilbao,Sevilla, etc. que cun de Oporto, Lisboa, etc.

    Que tivemos un pasado comun, lingua comun e certo mais o paso do tempo fai que todo troque.

    Tamen e certo que o nacionalizamo galego ten en Portugal a sua grande utopia, totalmente alleo ao resto da poboacion galega.

    09:42 do 5 de xaneiro de 2010

  • Estimado Anónimo anterior, creo que non entendes ben a cousa, e menos en termos políticos dados os comentarios.
    Pode que te sintas e tes o teu dereito, máis en sintonia con un de Madrid, ou Sevilla?.
    O que eu entendo é que dende todo punto de vista, (engadido o político), por razóns históricas empíricas somos máis semellantes a un Portugués do Norte, digamos ata Porto que con un Madrileño ou Sevillano, outra cousa é o Cantábrico, xa que eu non me identifico con un Portugués do Sur, como este non se identifica con outro do Norte.Dito o anterior, tí saberás que mesmo o Parlamento Europeo fala da Eurorexión Galiza-Norte de Portugal.Dende o ponto de vista económico, (que ao fin é o que interesa), a nós os Galegos convennos máis a relación có veciño Portugal que con Madrid ou Sevilla ou Valencia; dende este ponto de vista é o que hai que mirar sin olvidar a "conexión" que xa temos Cultural ou Histórica.
    Poño por exemplo o Aeroporto de Porto, a nosoutros vennos mellor que Madrid mesmo para facer unha viaxe turística, por ser Internacinal, e o que esto conleva, ou transporte de mercadorias, ou calquera outra cousa, o mesmo que nos somos rendibles a Portugal en outros aspectos.Convennos para ter máis Infraestructuras, caso do Ave, ou das Autoestradas, incluso na ultima folga de Asteleiros en Vigo, moitos Galegos foron a Viana de Castelo a traveso das suas empresas a traballar alí.
    En fin, está ben o que dis máis é moito romántico pero pouco práctico.Galiza-Norte Portugés, pode ser unha plataforma de despegue maior para Galiza, e non o digo eu, o din en Europa, ou é que te sintes tan de Bucarest como de Lugo?.

    FENDETESTAS

    18:54 do 11 de xaneiro de 2010

  • Eu flipo nachos. Seica uns vivimos en Madrid (non temos máis remedio), pero outros vivides en Matrix.

    20:26 do 11 de xaneiro de 2010

  • Millor en Matrix non si?

    11:15 do 12 de xaneiro de 2010

  • Non sei que che diga, pero penso que a realidade é sempre millor que unha ilusión colectiva con pouco fundamento.

    17:15 do 12 de xaneiro de 2010

Danos a túa opinión