"Versos para sempre cantar", homenaxe a Manuel María hoxe en Lugo

Redacción

Hoxe xoves, 10 de Decembro, terá lugar entre as 20:30 e as 22:00 horas, no Círculo das artes de Lugo, un recitado de poemas do cantor da Terra Chá Manuel María a cargo de Isidro Novo e Santiago Fernandez, así como a dramatizacion da súa obra "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela",peza dramática musicada por Nani García e interpretada pola actriz María Inés Cuadrado e o cuarteto de clarinetes "Xerión". A entrada é de balde até completar aforo. Organiza a Área de Cultura e Deporte da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo. Colaboran a Fundación Manuel María e a Asociación de Escritores en Lingua Galega.

No acto trátase de rendir homenaxe a este escritor tan querido na literatura galega a ao seu amplo legado cultural de no que se poden atopar máis de 60 obras poéticas (As rúas do vento ceibe, Ou libro dás badaladas, Poemas para construír unha patria...), seis obras narrativas (Os ontes do silencio, Cando ou mar foi polo río...) 7 obras dramáticas (Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo..., Farsa de Bululú, Barriga verde...), ademais dunha grande labor como articulista.

10 de dec. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión