“Xpressionk Galiza!!! ”, 2009-2010

Redacción

O venres 4 de decembro pasado tivo lugar na FNAC d’A Coruña a presentación aos medios de comunicación dos obxectivos cumpridos en 2009 e o aumento do apoio á actividade cultural emerxente para 2010 de “Xpressionk Galiza!!! ”. Participaron na presentación Manuel González (coordinador de Xpressionk!!!), Álvaro Muras (músico colaborador en distintas iniciativas), Elena Feito (responsable de comunicación de Fnac) e Irene Garcia (responsable de Xpressionk Galiza!!!).

Mediante esta rolda de prensa a plataforma cultural “Xpressionk!!!”, presentou cal foi a súa traxectoria durante o primeiro ano de actividade en Galicia e tamén cales son os seus obxectivos para 2010. O obxectivo principal de “Xpresionk!!!” é achegar espazos aos artistas non profesionalizados, incidindo de forma especial na música, mediante a creación dun circuíto e distintas iniciativas complementarias.

O resultado de 2009 estivo moi por encima das expectativas iniciais que tiña a plataforma, grazas á boa acollida das iniciativas por parte de patrocinadores, colaboradores, artistas, hostaleiros que achegaron os seus espazos e tamén grazas ao publico que gozou gratuitamente dos concertos.

Para 2010 incrementarase a actividade nun 70% (co obxectivo de superar os 440 concertos) consolidando as iniciativas actuais e creando outras novas que permanezan activas no tempo, pasando de cubrir toda a provincia da Coruña, a cubrir toda Galicia. Tambien cómpre destacar para 2010 a integración dos concellos que o desexen no circuíto “Xpressionk!!!” e en “Galiza Direct!!!”, nova iniciativa que pretende achegar a música en directo ás rúas dos municipios galegos, apoiando unha cultura que non se busca… atópase.

Xpressionk tambien colaborou con Centro On (Caixa Galicia) mediante o ciclo de cantautores “CONCERTOS AMIGOS” e colaborou co Centro Comercial DOLCE VITA, mediante a organización de distintas exposicións de pintura e fotografia.

Álvaro Muras, músico que participou nalgúns dos concertos integrados nas iniciativas Xpressionk, manifestou que, segundo a súa opinión, os municipios galegos están infestados de talento, pero bota en falta un maior apoio municipal para o desenvolvemento da cultura. Pensa que iniciativas como as creadas por Xpressionk!!! achegan “osixeno” á “cultura sumergida” e achegando tambien un “escaparate” para que o publico poida coñecer aos músicos “emergentes” de Galicia.

Elena Feito (responsable de comunicación de FNAC) comentou como moi positiva a experiencia de Fnac, na colaboracion coa plataforma a través do “I Certame de Cantautores Xpressionk!!!”. Tamén se convocou aos grupos galegos que estean interesados en participar no “I Certame Pop & Rock Xpressionk!!!”, mediante a presentación das bases do devandito certame, que se estenderá ao longo do primeiro semestre de 2010:
  • Recepción de documentación, do 5 de Decembro (cancións e datos) até o 25 de Decembro.
  • Notificación dos seleccionados entre o 4 e o 7 de Xaneiro.
  • Notificación da programación o 14 de Xaneiro.
  • Inicio do certame (primeiro concerto) o 15 de Xaneiro.
Estas foron algunhas das iniciativas creadas durante 2009. Tamén algúnhs dos obxectivos pensados para 2010:

Circuíto de música en directo en locais de hosteleria (jazz, blues, Folk, Funk, pop, rock..)
CIRCUÍTO DE MUSICA EN DIRECTO “XPRESSIONK GALIZA!!!” 2009
* 32 locais de hosteleiría
* Duración: todo 2009
* Mais de 190 concertos
* Entrada gratuíta a todos os concertos
* Mais de 200 músicos
* Toda a provincia da Coruña (2 fases)
* Patrocinio de Estrella Galicia e Coca Cola (Begano)
CIRCUÍTO DE MUSICA EN DIRECTO “XPRESSIONK GALIZA!!!” 2010
* 100 locais de hosteleiría
* Duración: todo 2010
* Mais de 250 concertos
* Entrada gratuíta a todos os concertos
* Mais de 300 músicos
* Toda Galicia
* Patrocinio de Estrella Galicia, Coca Cola (Begano) e Gadisa.

Circuítos de música en directo nas rúas de Galicia (jazz, blues, Folk, Funk, pop, rock...)
XPRESSIONK EN RUTA R!!! 2009
• 7 concertos ( Foz, O Grove, Melide, A Estrada, Mondoñedo, ) na via publica.
GALIZA DIRECT!!! 2010
• 180 concertos na vía pública
• Integración de novos patrocinios
• Integración de concellos
• Desde abril a outubro

Concursos de música en directo (en FNAC - A Coruña)
I CERTAME DE CANTAUTORES XPRESSIONK!!! 2009
* 18 cantautores galegos
* Gañador Óscar Fojo (Grabacion de CD en estudos MANS valorada en 6.000)
* Presentación do Cd en setembro de 2009 (concerto en FNAC)
I CERTAME POP & ROCK XPRESSIONK!!! 2010
* 12 grupos galegos
* Durante o primeiro semestre de 2010
* Presentación do Cd en setembro de 2009 (concerto en FNAC)

Festivais solidarios de musica en directo para grupos “emerxentes” (SADA)
FESTIVAL ANDURIÑA 2009 (SADA)
• En colaboración con Alvaro Muras, a asociación de veciños Anduriña e Stop Accidentes.
• Realizado a finais de Maio de 2009.
• Iniciativa solidaria.
• Obxectivo: Sensibilizar contra os accidentes de trafico e dar a coñecer os grupos galegos non profesionalizados.
• Mais de 10 horas de concertos
• Mais de 22 grupos participantes
FESTIVAL ANDURIÑA 2010 (SADA)
• Terá os mesmos organizadores e colaboradores que en 2009 e o mesmo formato (mais de 10 horas) pero buscarase a mellora substancial dos recursos de produción, mellorando o son especialmente.

08/12/2009

0 comentários :

Danos a túa opinión