Cruceiros, cristos e cruces de Muras

Redacción

O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba abrirá o programa de actividades deste 2010 coa presentación do libro “Cruceiros, cristos e cruces de Muras”, do que son autores Fernando Arribas Arias, Xosé Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez.

O acto terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba o vindeiro venres, día 15 de xaneiro, ás 20.30 horas e intervirán no mesmo os autores do libro, o escritor Darío Xohán Cabana, prologuista do mesmo, e Manuel Castro Santamariña, presidente do IESCHA.

O libro, editado polo IESCHA co patrocinio da S.A de Xestión do Plan Xacobeo, dependente da Consellería de Cultura, recolle nas súas máis de trescentas cincuenta páxinas as imaxes de todos os cruceiros, cruces e cristos do concello de Muras e fichas detalladas de cada un deles. Dá tamén noticia dos cruceiros desaparecidos, e ofrece unha extensa bibliografía sobre esta temática.

Os autores xa están traballando no seguinte volume, que tamén editará o IESCHA, sobre os cruceiros de Vilalba.

12/01/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión