Nevarada en Vilalba

Redacción

A onda de frio ártico que se estendeu esta fin de semana por Galicia neste remate de vacacións de nadal deixou algunhas estampas na nosa vila pouco habituais, sobre todo nestes últimos anos, desde aquelas grandes nevaradas do 96 e do 84. Aquí ofrecemos algunhas imaxes das rúas da vila o venres e ás primeiras horas da mañán do sábado. Son só algunhas, invitamos aos lectores a que, se cadra, nos manden máis.



Nevarada en Vilalba

09/01/2010

4 comentários :

  • Moi bonita a nevada, pero o que hai que contar é a total desidia do concello de Vilalba. É inconceble que nos tempos que corren haxa que agardar a que o xeo se vaia só. As rúas do pobo están perigosísimas para a xente e para os coches, ao contrario que nas Pontes, onde o concello si se preocupa por estas cousas.

    19:48 do 10 de xaneiro de 2010

  • Bonitas fotos, ate casi parece que os fiascos da construcción non existen.
    E grazas ás fotos menos mal que aparece unha crítica totalmente razoabel.
    Máis habemos de seguir así, é o que quere o persoal, parece "masoca".

    11:25 do 12 de xaneiro de 2010

  • Preciosa reportaxe benqueridos amigos. E logo o do responsable de retirar a neve e o xeo das beirarrúas xa é outra cousa. Penosa a situación de ver ás persoas maiores, temendo partir os ósos nunha caída, circulando a pé pola estrada, porque aquí, o primeiro son os vehículos, e logo os peóns. Os cidadáns de Vilalba desprezados unha vez máis polo cabeza visible do PP o sr. Criado. Algún día os vilalbeses saberán o que teñen.

    16:43 do 13 de xaneiro de 2010

  • Tedes razón. Fermosas as fotos de Paulo e Mario, pero a abraiante deixadez das autoridades municipais non ten nome.

    16:52 do 13 de xaneiro de 2010

Danos a túa opinión