Quinteto de Vento da Real Filharmonía de Galicia

Redacción

O vindeiro 13 de xaneiro no Circulo das Artes de Lugo ( 21 horas) e o luns 18 no Paraninfo da Universidade de Santiago (Facultade de Xeografía e Historia, 20.30 horas), presentarase o Quinteto de Vento da Real Filharmonía de Galicia. Neste concerto preténdese facer xustiza a un dos nosos compositores máis sobresaíntes... e tamén máis esquecido: Carlos Lopez García-Picos. Máis o tempo pasa inexorablemente, e unha vez máis chegamos tarde, pois Lopez-Picos finaba a pasada Noiteboa. Un concerto que pretendía rachar co inexplicable esquecemento no que se atopaba este home, pasa a ser o primeiro concerto homenaxe, agardando que, en todo caso, sexa o primeiro de moitos.

O programa:
Astor Piazzolla. (Tango Suite) Tango II
Carlos Lopez García-Picos. Preludio, Zarabanda e Fuga para cuarteto de vento
Oscar Colomina i Bosch. Suite para quinteto de vento
Carlos Lopez García-Picos. Rondó Caprichoso para quinteto de vento (estrea absoluta)
Astor Piazzolla. (Tango Suite) Tango I

11/01/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión