1986: Entrevista ao grupo folk Xorima

Redacción
Tal día como hoxe, hai dous anos, comezou a súa andaina na rede a versión dixital de A Voz de Vilalba. Por este motivo, pensamos que non había xeito mellor de conmemoralo que rebuscar nos nosos arquivos e sacar á luz algo que ofrecer aos seguidores, sen os que toda esta aventura non sería posible.

Por iso, aproveitamos para compartir e escoitar de novo, agora con todos vostedes, esta entrevista ao grupo de música folk Xorima feita por A Voz de Vilalba e publicada, prácticamente íntegra, no número impreso correspondente a abril de 1986 (pp. 3, 4 e 5) e incluida, xa que logo, no facsímil do xornal editado en 2006 –nada máis e nada menos que vinte anos despóis- pola Universidade Rey Juan Carlos (URJC) de Madrid e o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA).

Xorima foi un grupo de música folk de Vilalba (Lugo) fundado por Eduardo “Lalo” Baamonde, Carlos Celeiro “Morón”, Eugenio “Queno” Eimil, Xosé Luís Pernas e Xosé Ramón Vázquez, quen anos despóis fundaría tamén o grupo “Fía na roca”.

A entrevista realizouna Moncho Paz, que daquela contaba apenas dezaseis anos e comezaba o seu quefacer xornalístico como colaborador do diario El Progreso, a Morón, Queno e Xosé Ramón no local de ensaio do grupo, en Vilalba. Xorima viña de editar o ano anterior un elepé, que levaba por título o nome do grupo, e cuxa portada (na imaxe) correu a cargo do pintor e arquitecto Santiago Catalán. Naquel tempo producíranse cambios na formación, co abandono de Lalo. A conversa discurre a través de diferentes temas que van desde a política ata, por suposto, todo o relacionado coa música folk e o panorama cambiante e promisorio que se presentaba por diante.

Algunhas opinións hoxe, vinte anos despóis, poden semellar inxenuas. Outras, tremendamente lúcidas. En fin, escoitenas e desfruten delas e lembren que poden deixar os seus comentarios –sempre de agradecer porque son os que nos fan mellorar- tanto nesta páxina como no noso Facebook.

Moitas grazas a todos polo apoio incondicional.

1. Historia do grupo e actuacións fora de Galicia



2. Política e temas de actualidade



3. Preferencias musicais. A condición do músico



4. Balance sobre o traxecto ata o de agora. O traballo como grupo



5. Estudos dos componentes e axudas para saír adiante



6. Balance de 1985. Gravación do disco



7. Incorporación de novos instrumentos na música galega. Influencias…



8. Novas tendencias do folk galego



9. Concertos para 1986. Novo disco



10. Xorima e A Voz de Vilalba




4 de feb. de 2010

2 comentários :

  • Impresionante. Os Xorima son un fito na historia deste pobo tan falto de iniciativas, e entrevistados polos cativos de A Voz de Vilalba, son como as ofertas de 2x1. Noraboa por este documento tan interesante.

    Dáme na alma que o arquivo de A Voz de Vilalba está cheo de sorpresas que van saíndo aos poucos, e penso que foi unha mágoa que no facsímil que sacastes non viñera un CD con cousas como esta.

    E, de paso, noraboa polo 2º aniversario do xornal en internet que, como sempre, é un sopro de ar fresco neste pobo votado a perder.

    Pepa

    22:18 do 4 de febreiro de 2010

  • Xorima foi e é pois segue a ser vixente a súa música, o estalido musical-cultural máis relevante non só de Vilalba e Comrca,senón da Galiza.Poucos grupos hai que acadaran o que eles en pouco tempo.
    Lorient, Festival da música Celta de Ortigueira, ainda hoxe se escoita de cando en vez na Radio, mesmo ten sido usada en informativos estatais, así como actuacións tan relevantes como as primeiras que nomeo.
    Foi lástima que non continuaran, perdémonos de escoitar unha Grande formación musical.
    Parabéns para Xorima e para a Voz de Vilalba.

    11:28 do 8 de febreiro de 2010

Danos a túa opinión