'inCERTEZA' de Maribel Longueira

Redacción

Do 12 de febreiro ao 12 de marzo estará na Galería "Espacio Aberto" en El Vedado, La Habana, Cuba (Calle 4 Núm. 205 -entre Línea y 11) a mostra "inCERTEZA" de Maribel Longueira. Trátase dun conxunto de imaxes poéticas, referidas ao aparentemente inútil. Obxectos atopados, todos eles cotiáns que conforman un tapiz que nos permite albiscar a nosa fraxilidade, a soidade, a incomunicación, os encontros e os desencontros, as incertezas, medos, rancores, fracasos, realidades efémeras, que chocan coa propia incerteza da vida e das súas circunstancias.

Maribel Longueira nace na Coruña en 1951. Licenciada en Historia da arte Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou doutoramento sobre patrimonio e fotografía na U.N.E.D., Madrid. Experta en xestión de Patrimonio e Bens Culturais, pola Universidade de Ferrol, A Coruña. Desde o ano 1972 realiza e colabora en actividades de interese plástico (cinema, teatro, cerámica e pintura), centrándose na actualidade na fotografía, como investigación teórica e na praxe plástica. Realizou numerosas exposicións persoais e colectivas en España, Cuba e Francia, así como libros de arte e outras publicacións fotográficas especializadas. Colaborou coa UNEAC e antologado libros con fotos da súa autoría e textos de importantes poetas cubanos, arxentinos e galegos. Traballa poesía visual, fundamentalmente con temas ecolóxicos e humanistas.

3 de feb. de 2010

0 comentários :

Danos a túa opinión