O cónsul de Sodoma

Bruno Marcos

Claro que ten un millón de defectos pero a película sobre a vida do poeta Jaime Gil de Biedma é engaioladora. Un non quere pensar que os reparos que se lle poñen veñan de que, na nosa sociedade, aínda se sigan considerando a poesía como unha cousa ridícula e a homosexualidade como algo asqueroso pero o outro, tanta agresividade, resulta estraño. Hai quen aínda pon reparos a que se filmen secuencias de amor entre homes ou simplemente unha orxía bisexual.

Dixo Juan Marsé: "Grotesca, ridícula, falsa, inverosímil, sucia, pedante, dirixida por un fallero incompetente e desinformado, mal interpretada, con diálogos deplorables. É unha película desvergonzada, de título infamante e producida por xente sen escrúpulos. (...) É peor que mala. É unha ofensa á memoria do poeta pola súa estupidez e a súa grosería, algo que vai máis aló da súa absoluta insolvencia cinematográfica."

Parece, despois de escoitalo, que a pulsión sexual non fose unha cosa determinante tanto na vida como na obra de Gil de Biedma e que os seus amigos non lesen os seus diarios. Si hai afectación na película tamén a había no poeta e tamén exhibicionismo. A suposta ironía ou a creación de identidades dotou a esa xeración ou grupo do necesario para falsificarse nunha gran medida, e as súas ferramentas, elexía e automitificación, son os os elementos que permitiron, entre outras cousas, que se faga unha película de Jaime Gil antes, por exemplo, que de Cernuda. Coido eu que a Jaime esta película gustaríalle e que, como pouco, ía tomala con humor, ou quen sabe se non con ironía.

Máis criticable é que, quizáis por falta de medios, non teñan ilustrado poemas preciosos e plenamente gráficos como "Pandémica e celeste" ou o da moza que sae do mar, ou que non foran de verdade a Filipinas...

Doutra banda o Barral está perfecto, cae ben, e un pensa -como xa ocorría co Fidel Castro da película do Ché- si non sairía mellor unha película do amigo.

02/02/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión