O mal sentido de Rosa Díez

Fermín Bouza

Sinto un vivo desprezo por esta clase de políticos, como Rosa Díez, que usan o seu partido de orixe como catapulta para logo insultar de mala maneira ós seus excompañeiros sen o menor miramiento.

Un dos deportes preferidos desta señora é atacar tamén ás nacionalidades e ás súas linguas, á vez que no congreso do seu partido proponse isto mesmo como fin político, recortando dereitos constitucionais. Todo iso é un alarde de xenofobia nun partido cada vez máis próximo ás teses neofascistas, como algunha vez tiven xa oportunidade de dicir. É un neofascismo entreverado de supostos postulados de esquerda, como no seu tempo o foi o fascismo orixinal, para introducir aínda máis confusión entre a xente, tentando recoller, e recollendo, electorado a dúas bandas: extremistas do PP polo lado da lingua e as autonomías e extremistas do PSOE polo lado cívico de Zapatero e as súas diversas leis dese cariz.

Agora, ademais, e de forma reiterada, insulta aos galegos ante un estático Iñaki Gabilondo, do que esperaba algo máis nestes lances.

25 de feb. de 2010

5 comentários :

  • Grupo "eu tamén creo que Rosa Díez é gilipollas, no sentido pexorativo da palabra" en facebook:

    www.facebook.com/group.php?gid=364259823744f

    25 de febreiro de 2010, 10:28

  • Un exemplo de populismo, medramento, oportunismo e politica interesada. Non esta non e tan neofascista porque simplemente hai cousas que non e capaz de entender.
    Esta muller e simplemente o tipo de politico por interes propio, con aires de grandeza, que fala antes de pensar, con escasa cultura, (a sua profesion antes da politica era de telefonista na diputacion de Biscaia), e que esgrime o seu papel de vitima do terrorismo para dar peso os seus plantexamentos. E do tipo de persoas que leva o escenario politico os seus sentimentos primarios, sen importarlles o dereito nin a xusticia para nada. E ainda por riba creese autorizada para por patas arriba o proceso de normalizacion linguistica en Galicia (que sabera ela o que o galego...) e agora insultanos de esa forma. E o triste e que hai quen lle vota e todo...

    25 de febreiro de 2010, 21:37

  • Millor non comentar este tipo de noticias, e malgastar o tempo.

    FENDETESTAS

    26 de febreiro de 2010, 16:59

  • upeideira

    5 de marzo de 2010, 16:55

  • Totalmente de acordo co Fendetestas. Millor non contestar á pobreza discursiva desta muller (baseada nos tópicos máis rancios) cos mesmos argumentos e, moito menos, co insulto. É poñerse ao seu nivel.

    6 de marzo de 2010, 00:16

Danos a túa opinión