Concerto didáctico de música tradicional

Redacción

O día 8 de marzo no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba ás 11.00 horas realizarase oconcerto didáctico de música tradicional e nel farase un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega. Neste concerto amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega dos últimos dous séculos a través de imaxes, sons e amosando e explicando instrumentos como a zanfona, gaita, acordeón, requinta, tamboril, pandeireta e pandeiro, entre outros. O concerto estará guiado polos profesores da Tradescola, Bruno Villamor, Pedro David Lamas e Xerardo Quintela, e contará coa participación de máis de 500 escolares.

07/03/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión