Continúan as actividades da Tradescola en Vilalba

Redacción

Hoxe domingo 14 de marzo terá lugar no Conservatorio Municipal de Vilalba, o curso monográfico de acordeón impartido polo mestre Xerardo Quintela. Este curso, que se realizará de 11.00h a 14.00h e de 16.00 h a 20.00h está enmarcado dentro das xornadas de Música Tradicional que a Tradescola organiza esta semana en Vilalba, co obxectivo de favorecer a difusión e promoción da cultura tradicional e axudar a incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego na sociedade actual.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

14 de mar. de 2010

0 comentários :

Danos a túa opinión