Inicio das Xornadas da Tradescola en Vilalba

Redacción

O Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba acolleu onte 8 de marzo a primeira parte das actividades que A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, desenvolverá estos días na vila. Durante máis de unha hora Bruno Villamor, Xerardo Quintela e Pedro David Lamas fixeron un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos cautivando aos 500 alumnos de primaria que asistiron ao concerto. Cunha gran acollida, por parte do numeroso público asistente, estes tres mestres da Tradescola amosaron os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.

Estas xornadas, que se iniciaron onte no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba cun concerto didáctico adicado a escolares, continuarán o día 14 no Conservatorio Municipal con un curso de acordeón que estará guiado por Xerardo Quintela, un mestre de reconocido prestixio no eido da música tradicional. O curso de gaita, con obradoiros de perfeccionamento, iniciarase ás 11.00 h. e rematará ás 20.00 h.

A Tradescola ten como obxectivo ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional e poder colaborar con asociacións de toda a provincia, a través da realización de actividades relacionadas co ensino da música e baile tradicionais. A actividade da escola, aínda que centrada en Lugo, trasládase así, a través de diversas accións formativas, ás distintas comarcas da provincia.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

9 de mar. de 2010

0 comentários :

Danos a túa opinión