Justo Beramendi, convidado da Agrupación "O Facho"

Redacción

Mañá martes, o Doutor e historiador Justo Beramendi falará en A Coruña sobre “O nacionalismo galego nos finais do franquismo” dentro do ciclo "Economía, Historia e Ciencias Sociais", organizado pola Agrupación Cultural O Facho.

O Doutor Beramendi é catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Realizou estudos de Enxeñería Industrial en Madrid e de traducción en Barcelona, para logo doutorarse en Historia na Universidade de Santiago. Actualmente é un dos grandes especialistas europeos na historia das ideoloxias e dos nacionalismos.

É autor de unha interesantísima e ampla obra, tanto en artigos como en libros. Destes últimos subliñamos: De provincia a nación, Historia do galeguismo político, Vicente Risco no nacionalismo galego, Los nacionalismos en la España de la II República, Obra política de Ramón Vilar Ponte, Nationalism in Europe. Past and present, La historia política. Algunos conceptos básicos, Memoria e Identidade.

Asemade, é co-fundador do Museo do Pobo Galego e tamén da Fundación Castelao. Participou na creación das revistas Negaciones, A Trabe de Ouro, e Tempos Novos.

08/03/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión