Comezou o XXVIII Curso de Cultura Tradicional Galega

Redacción

A Asociación Cultural “ Cántigas e Frores” iniciou onte a XXVIII edición do Curso de Cultura Tradicional Galega que terá lugar na cidade de Lugo os días 1,2 e 3 de Abril de 2010. Preto de cen alumnos, chegados desde lugares tan diversos como Suiza, Madrid, Cataluña, Pais Vasco, Navarra ademais de toda a xeografía galega, recibirán ensinanzas sobre música e baile tradicional, e aproveitarán este curso para poder compartir experiencias no eido da cultura tradicional galega e así manter vivo un dos piares básicos da nosa identidade.

A Asociación Cultural “Cantigas e Frores” ven organizando de xeito continuado, durante os últimos 28 anos, este curso no que se ofertan ensinanzas relacionadas coa cultura tradicional galega e que dende o seu comenzo está ubicado temporalmente nas datas da Semana Santa. Nestes últimos anos os esforzos céntranse en traer a Lugo un profesorado de calidade que suscite o interés do alumnado abarcando todos os estilos e escolas vixentes na música e baile galegos.

Nesta edición cóntase con grandes mestres de reconocido prestixio como son Pepe Vaamonde, que impartirá o curso de gaita, Begoña Lorenzo, o de técnicas de canto tradicional, Francisco Estévez (Chuco), técnicas de percusión tradicional, Manuel Cobas , técnicas de baile tradicional, e Iván Costa, que impartirá as aulas de zanfona. O curso celebrarase os días 1, 2 e 3 de Abril de 2.010 baixo a coordinación de Mónica Fernández Fernández e terá o seguinte

Programa:
DÍA 1 Xoves:
09:00 A 10:00 Entrega de documentación e presentación do curso.
10:00 a 11:00 Clase práctica 16:00 a 18:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica 18:30 a 20:00 Clase práctica
DÍA 2 Venres:
10:00 a 11:00 Clase práctica 16:00 a 18:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica 18:30 a 20:00 Clase práctica
DÍA 3 Sábado:
10:00 a 11:00 Clase práctica 16:00 a 18:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
19:00 Acto de clausura e entrega de diplomas.

Neste horario desenvolveranse as seguintes
Especialidades:
1. Técnicas de gaita,
2. Técnicas de canto e pandeireta,
3. Técnicas de percusión tradicional,
4. Técnicas de baile tradicional,
5. Técnicas de zanfona.

O curso conta cun total de 100 prazas e desenvolverase nas instalacións da Asociación Cultural Cántigas e Frores, na Casa da Música, salón de actos e aulas municipais, todas elas no Parque da Milagrosa. Avda. A Coruña S/N. A organización deste acto corre a cargo da Asociación Cultural "Cántigas e Frores", e conta co patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, e a colaboración do Excmo. Concello de Lugo

02/04/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión