Debate político sobre a crise en Vilalba



Redacción

A actualidade económica de Galicia porase enriba da mesa esta tarde, ás 20.30 horas no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, nun debate sobre as diferentes alternativas á crise no que participarán o Olga Iglesias Fontal -na fotografía-, deputada no Congreso polo PPdeG; Margarita Pérez Herráiz, deputada do PSdeG na mesma cámara; e Fernando Blanco Parga, ex deputado do BNG no Parlamento de Galicia e actual responsable da área parlamentar do Consello Comarcal de Ferrolterra.

Os tres políticos farán balance da situación pola que atravesa a economía galega e amosarán as diferentes alternativas que os seus respectivos modelos políticos poden aportar ao delicado momento polo que atravesa a nosa comunidade autónoma.

O acto está organizado polo mensual Terra Chá.Xa e o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e será retransmitido en directo por Radiofusión (Rede de Emisoras Municipais Galegas) a partir das 20.30 horas.

23/04/2010

1 comentários :

  • Vin o debate, non aprendín nada novo, mais aínda me pregunto se o PP non tería a alguén mellor para enviar. Resulta incríbel que se teña a ousadía de debater sen ter a formación suficiente, tan só coas consignas de partido; será que o PP non ten nada que dicir?

    22:01 do 27 de abril de 2010

Danos a túa opinión