O cómico Luis Piedrahita o domingo 11 en Vilalba

Redacción

O vindeiro domingo 11 de abril o cómico lugués Luís Piedrahita presentará o seu novo espectáculo no Auditorio de Vilalba. Trátase dun conxunto de monólogos escrito e interpretado por este artista considerado como un dos humoristas referencia do noso país e que fai unha defensa de todos eses pequenos seres aos que non se lles trata co respecto que se merecen. En "Por que os maiores constrúen as randeeiras sempre enriba dun charco?" Piedrahita cóntanos a historia dunha viaxe, a vida, fixándose en todos eses pequenos detalles aos que ninguén presta atención. Desde as rodas das maletas até os adhesivos das mandarinas, as cousas máis pequenas transfórmanse nas protagonistas dos monólogos máis grandes.

Luís Piedrahita leva máis de sete anos pondo en escena este tipo de espectáculos unipersonais, sempre cun éxito irresistible e colgando, practicamente en todas as súas representacións, o desexado cartel de: Non hai entradas. O seu é simplemente humor do cotián, humor intelixente, branco, ás veces surrealista e sempre familiar. Unha fórmula eficaz probada sobre centos de escenarios de toda o territorio nacional. Tras o éxito incontestable de "Deus fixo o mundo en sete días e nótase" este gran monologuista volve á carga con "Por que os maiores constrúen as randeeiras sempre enriba dun charco?", unha recompilación dos seus textos máis recentes destinada a divertir e emocionar.

09/04/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión