11 Mostra Internacional Gas Natural Fenosa

Redacción

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa de A Coruña convoca a 11 Mostra Internacional Gas Natural Fenosa. Poderá tomar parte nesta Mostra, cunha soa obra, cualquera persoa física sen máis limitación que as impostas pola legalidade vixente. Os artistas deben enviar antes do día 30 de maio de 2010 a seguiente documentación:

— Folla de inscrición, ficha técnica e aceptación das bases correctamente cumplimentada (a súa disposición na web do Museo www.macuf.com).
— Entre tres e seis fotografías da obra presentada a concurso en tamaño DIN A4.
— Texto explicativo da obra non superior a 20 liñas (o MACUF reservarase o
dereito a sua reproducción).
— Breve currículo (por orde cronolóxica partindo da actividade máis recente) non
superior a medio folio.
— Breve dosier artístico con fotos de obras recentes.

Toda esta documentación debe enviarse en formato DIN A-4 e non se aceptarán carpetas, fundas, cajas, clips, grapas… Non se aceptará esta documentación en formato dixital, excepto no caso de que se trate dun vídeo.

No tocante ás obras, admitiranse tódalas técnicas e procedementos, así como tódalas tendencias
ou correntes estéticas. As obras deben ser inéditas, non poden ter sido presentadas a ningún outro concurso e en ningún caso ter sido expostas. Piara pntura e fotografía: as obras presentaranse montadas sobre soporte ríxido sen enmarcar, ou en todo caso cun listón ou moldura de madeira que non supere os 2 cm. Non se admitirán obras realizadas en materiais perigosos para a sua integridade ou transporte, nin tampouco protexidas con cristal. No que se refire á escultura: o seu peso non poderá exceder os 100 kg. Para formato audiovisual: deberán incluirse indicacións técnicas sobre a forma correcta de exhibirse e a copia debe ser en formato CD ou DVD compatible con Windows XP.

Na primeira fase do concurso o xurado seleccionará as obras sobre a documentación que presente o artista. Nesta fase non se presentaran obras orixinais, excepto no caso de que se
trate dun vídeo.

05/05/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión