Día Internacional do Comercio Xusto

Redacción

Por segundo ano consecutivo Amarante, Sindicato Labrego Galego, A Gradicela e Arbore únense para celebrar o Día Internacional do Comercio Xusto que se celebrará co lema “Por un comercio xusto non Norte e no Sur”, o día 8 de maio en 4 cidades galegas. Ademáis en Compostela, o xoves 6 de maio, ás 11:30, na sede de Amarante e Verdegaia na Avda. Romero Donallo, 17, celebrarase o coloquio “O papel das grandes superficies nas condicións de vida das persoas produtoras”, coa intervención de Fernanda Couñago(Amarante), Lidia Senra (Sindicato Labrego Galego) e Xan Duro (Verdegaia).

Mesas redondas, mercados transparentes de alimentación e roupa ou pasarela de moda serán algunhas das actividades que se desenvolverán na celebración do Día do Comercio Xusto. Esta ano a acción de reivindicación centrarase en analizar e reclamar a responsabilidade das grandes superficies nas condicións de vida de miles de persoas do Norte e no Sur, tanto no sector do campo como no do téxtil e o impacto ambiental que se produce con certas políticas das canles de distribución.

05/05/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión