Europa Press en galego

Redacción

A Axencia de noticias Europa Press iniciou antonte a andaina da súa portada web en galego, unha páxina que incluirá informacións de distinta índole en lingua galega e á que se pode acceder na dirección http://www.europapress.es/galicia/galego/.

De forma simultánea, as delegacións de Europa Press en Galicia, Catalunya, Illes Baleares, Asturias e Valencia, pon en marcha este martes os servizos a través de Internet en galego, català, occitan (aranés), asturianu e valencià.

A axencia transmite, desde hai anos, noticias en todas as linguas cooficiales do Estado, pero a partir de onte pódese acceder libremente ás principais informacións da súa Canle Galega a través da correspondente portada.

06/05/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión