A folga: a clase media despídese de Zapatero


Antón Baamonde

A folga convocada por CCOO e UXT para o 2 de Xuño era inevitable. Os sindicatos non podían facer outra cousa: que darían desacreditados ante as súas bases de tomar outra posición. Terá éxito, naturalmente. Será masiva no sector.

O PSOE perdeu arraigo nas clases medias a mediados dos noventa. As medidas decididas non por Zapatero, senón polos mercados -Zapatero é hoxe un ser tráxico, en combate contra si mesmo- van a facerlle perder a estima dos funcionarios. Esta nova fenda terá consecuencias gravísimas no mapa político. Os seus apoios entre profesores, médicos, funcionarios da administración, etc. eran centrais para a o proxecto socialista que corre o perigo de perder centralidade social.

Ven un tempo convulso. Con grandes oportunidades para o PP e para os mercados e grandes perigos para os asalariados.

No medio da tormenta é díficl saber qué facer, pero tal vez sería razonable considerar todas as opcións, incluíndo a de convocar eleccións anticipadas.

Porque, exactamente, que marxe de manobra ten Zapatero ou España para desatender os seus compromisos? Cal é o montante real da débeda e os seus prazos?.

Se non hai apenas marxe, non será mellor deixarlle paso ao PP antes de queimar inutilmente os propios barcos? Non tería iso o efecto de diluír a esquerda social? Son preguntas de non fácil resposta.

14 de maio de 2010

2 comentários :

  • Non sei se se trata do PSOE ou do PP, pero dende que teño uso de razón, o noso país caracterízase porlo bipartidismo o mesmo que no século XIX cos conservadores e pogresistas, dous partidos políticos que aproveitan o seu turno de poder para engrosar as carteiras duns amigos ou dos outros, o mesmo tempo que os seus propios petos, ata que rebentou a economía de tanto usala, nada cambia todo continua...

    14:22 do 18 de maio de 2010

  • En efecto o bipartidismo non deixa de ser unha dictadura encuberta, tarde ou cedo un dos grandes partidos troca o Poder ó outro.
    Sempre queda a alternativa de Gobernar en minoría con partidos periféricos aos que tanto denostan, pero si lles fan falta a eles acuden.
    Dende logo non estamos no millor dos mundos posibles.

    FENDETESTAS

    11:40 do 22 de maio de 2010

Danos a túa opinión