Hélia Correia no III Encontro Cidade da Coruña

Redacción

Organizado conxuntamente pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, hoxe mércores día 5 do mes que andamos, ás 20,00 horas, terá lugar na sede da Real Academia Galega (Rúa Tabernas 11, A Coruña) a terceira conferencia inscrita no III Encontro Cidade da Coruña, nesta ocasión a cargo da escritora portuguesa Hélia Correia, baixo título “A poeira falante”.

O III Encontro Cidade da Coruña, baixo lema “Literatura e viaxe”, contou xa coa presenza do poeta arxentino Juan Gelman, e do escritor galego Miguel Anxo Murado, e acollerá próximamente a Alberto Manguel (11 de maio) e a Xavier P. Docampo (19 de maio). Presentará á escritora portuguesa, o escritor e profesor Carlos Quiroga, vogal da Asociación de Escritores en Lingua Galega para as relacións coa lusofonía.

ENCONTRO COS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Hélia Correia manterá previamente un encontro cos medios de comunicación, o mesmo día, mércores 5 de maio, ás 12,00 horas, na libraría Nova Colón (Rúa Olmos 9, A Coruña)

HÉLIA CORREIRA
Escritora portuguesa contemporánea (1949), licenciouse en Filoloxía Románica e é profesora de Portugués do Ensino Secundario. Apesar do seu gosto pola poesia, é como ficcionista que é recoñecida como unha das revelacións da novelística portuguesa da xeración de 1980, aínda que os seus contos, novelas ou romances estean sempre impregnados do discurso poético. Estreouse na poesia con O Separar das Águas, en 1981, e O Número dos Vivos, en 1982. En tanto a novela Montedemo, da á autora unha certa notoriedade. Revelou, desde cedo, o gosto polo teatro e pola Grécia clásica, o que a levou a escrever Perdição, levada à escea, en 1993, pola Comuna. Escreveu tamén Florbela, en 1991, que viria a ser estreada polo grupo Maizum. Compre salientar na súa produción os romances Casa Eterna e Soma e, na poesia, A Pequena Morte/Esse Eterno Conto. Foi galardoada en 2002 co premio PEN 2001, atribuído a obras de ficción, pola súa obra Lillias Fraser.

05/05/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión