III Festival de escolas de música e baile tradicionais

Redacción

Hoxe sabado 1 de Maio de 2010, ás 18.00 horas, a “Asociación Cultural Cántigas e Frores” celebrará en Lugo o III Festival de escolas de música e baile tradicionais, festival no que ademais da participación de todas as escolas da asociación anfitriona “Cántigas e Frores”, estarán como invitados a “Agrupación Los Xustos de Gijón”. A xornada de encontro e convivencia entre as distintas asociacións iniciarase pola mañá, con unha visita á cidade de Lugo, unha comida de confraternidade e unha xornada de xogos tradicionais para os máis pequenos. Posteriormente , terá lugar o festival , que se realizará no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 18.00h.

No festival poderase disfrutar coas actuacións das escolas de gaita, percusión tradicional, baile tradicional, canto e pandeireta, e acordeón da Asoc. Cántigas e Frores, e coas distintas actuacións das escolas da Agrupación Los Xustos de Gijón.

Dende a Asoc. Cultural Cántigas e Frores pénsase que festivais como este serven para cohesionar aos distintos colectivos que levan anos traballando a prol da nosa música, e facendo que os sons dos nosos instrumentos tradicionais sexan habituais na sociedade actual.

1 de maio de 2010

0 comentários :

Danos a túa opinión