Novo local para o Instituto de Estudos Chairegos

Redacción

O Instituto de Estudios Chairegos ven de remitir senllos escritos ao Sr. Alcalde do Concello de Vilalba e ao Sr. Conselleiro de Educación e O.U. da Xunta de Galicia, para dar debido cumprimento ao acordado na última Asemblea Xeral Ordinaria que o Iescha celebrou o pasado mes de abril.

No primeiro dos escritos, dirixido ao Sr. Alcalde, a Asemblea manifesta, por unanimidade, a súa máis enérxica protesta pola máis que dilatada tardanza, por parte da Alcaldía, na concesión ao Iescha dun novo local, máis axeitado que o actual, para levar a cabo a súa actividade cultural. Ao mesmo tempo que se reitera a petición de que podan ser satisfeitas as axudas económicas comprometidas en anos anteriores.

No segundo, enviado ao Sr. Conselleiro de Educación e OU, a Asemblea, tamén por unanimidade, manifesta o seu total rexeitamento ao proxecto do decreto do plurilingüísmo, deixando claro ao mesmo tempo o seu apoio e defensa ao idioma galego -tal e como se reflicte nos seus estatutos- e á normativa recollida na Lei de Normalización Lingüística actualmente en vigor.

10/05/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión