Debate sobre o decreto do galego


Redacción

Antón Bao, vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo e responsable comarcal do BNG; Agustín Baamonde, deputado popular no Parlamento de Galicia e responsable de política lingüística na Executiva do PPdeG; e Xosé Carlos Ferreiro, secretario de Educación da Executiva Provincial socialista, debatiron hoxe en Vilalba, sobre o polémico decreto do galego no ensino.


O debate, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos e Radiofusión, foi moderado polo xornalista Xulio Xiz. Os protagonistas botaron man, en xeral, das posturas xa coñecidas dos tres partidos con representación parlamentar para defender as súas posicións.


O acto contou cunha nutrida presenza de público, que participou activamente na quenda de intervencións.

Foto: P. Naseiro/AVV

04/06/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión