Atlántico Negro

Redacción

O vindeiro 16 de xullo e baixo o nome 'Afro Modern. Journeys through the black atlantic' abrirase unha mostra de gran formato que repasa cronoloxicamente o impacto na arte que teñen as diferentes culturas a través do Atlántico desde principios do século XX até os nosos días. A mostra está influenciada polo libro de Paul Gilroy, The Black Atlantic: Modernity and Double Consciousness, que, en 1993, acuñou o termo "Black Atlantic" para describir a fusión da cultura negra de África, América (Norte e Sur), o Caribe e Europa con outras culturas ao redor do Atlántico.

Esas influencias plasmáronse en artistas como Romare Bearden, Walker Evans, Pablo Picasso ou Keith Piper. Do chamado Renancemento de Harlem ata polémica actual arredor da arte da post-negritude, o CGAC percorre os camiños (reais ou inventados) desa fonda relación. A exposición está dividida en sete bloques seguindo unha liña cronolóxica, comezando por influéncialas da arte africano no Modernismo en artistas como Picasso, até o traballo de artistas contemporáneos como Ellen Gallagher, Chris Ofili e Kara Walker.

09/07/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión