Novas pontes culturais con Xapón


Redacción

O estudo ¿Qué significa el Quijote para la historia de la lengua española? elaborado polo profesor de Lingua Española na Facultade de Humanidades de Lugo Carlos Folgar Fariña espertou o interese do hispanista da Universidade de Kioto, Shoji Bando, que publicará a súa tradución ao xaponés.

O traballo realizado por Folgar aparece no volume Lecciones sobre la lengua del Quijote, publicado no ano 2007 pola editorial luguesa Axac dentro da súa colección ‘Ariadna’. O profesor Shoji Bando, director da Revista de Estudos Hispánicos de Kioto e estudoso entre outros temas das ideas lingüísticas de Cervantes, recibiu xa o visto e prace da directora da colección, do autor e da editorial. A tradución ao xaponés dun traballo elaborado na Facultade de Humanidades pon de manifesto a relevancia da investigación que, no campo das Letras, se desenvolve na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

13/07/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión