Tonhito de Poi en Xove

Redacción

Onte venres, ás 23 horas, Tonhito de Poi presentou en Xove o seu novo 'cantancontos': A Pelo, un monólogo musicado no que demostra que "onde hai pelo alegría".

Foi no centro social do Palmeiro, dentro da Noite Jolfa, o aperitivo do II festival do Humor de Xove, no que hoxe sábado, 3 de xullo, actuarán entre outros as Cantareiras de Ardebullo, Nucha e Mucha, con Roberto Vilar e outros grandes do humor: David Amor, Edu soto, Manquiña, Luís Zahera e o mimo belga Elliot. As entradas a 20 euros, pódense comprar por anticipado en www.caixagalicia.com.

03/07/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión