Dia da Cultura Chairega


Redacción.-

O Instituto de Estudos Chairegos organiza o VI Día da Cultura Chairega, que se instituiu na memoria de Manuel María, o autor do poemario "Terra Chá", creador literario da bisbarra e do que se cumplen agora seis anos do seu falecemento.

O acto celebrarase o venres, 10 de setembro, ás 20,30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba. e incluirá as seguintes actividades:
- Presentación do CD “OS IRMANDIÑOS”, con poemas de Manuel María sobre a revolución irmandiña, musicados polo grupo A QUENLLA.
- Mesa redonda na que intervirán Avelino Pousa Antelo, David Otero, Mero Iglesias, Xosé Luis Rivas (Mini), Miro Casabella, Alfonso Blanco Torrado, Esperanza Lema e José Luis Novo Cazón
- Actuación do grupo A QUENLLA, interpretando cancións do CD “Os Irmandiños”.
- Entrega do Diploma de Socio de Honra do IESCHA ao artista chairego Anxo Lamas.

06/09/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión