Festival de Teatro Galego do Carballiño

Redacción

As sesións do Festival de Teatro Galego do Carballiño comezarán o día 7 ás 22.30 horas, coa presenza da compañía Obras Públicas, que levará ao Carballiño a súa montaxe Life is a paripé, escrita e dirixida por José Prieto Álvarez. Teatro de Ningures participará no Fetega o día 8 con Homes...Mulleres, orixinal de Paula Carballeira, María Armesto e Santiago Cortegoso.

O 9 será Nut Teatro a formación que porá en escena Wake up, escrita e dirixida por Carlos Neira. O colofón da sétima edición do Festival de Teatro Galego do Carballiño chegará coa quinta edición da gala dos Premios Fetega. Celebrarase o día 10 de setembro no Multifuncional, a partir das 22.00 horas, e será presentada polo actor Josito Porto, coñecido pola súa participación en series da TVG e na Esmorga, de Sarabela.

O Carballiño celebra tradicionalmente un festival de teatro na tempada estival, cita que ha ir variando co tempo e que desde fai sete anos convócase baixo o nome de Festival de Teatro Galego do Carballiño. A oferta cultural serve, neste novo formato, de prolegómeno ás Festas do Setembro -a celebrar do 14 ao 19- e inclúe tres días de representación no Centro Multifuncional do Carballiño.

06/09/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión