Obradoiro no Marco de Vigo

Redacción

O doorag (xoguete modificado) é un instrumento musical electrónico baseado no proceso chamado "circuit-bending", que consiste en alterar o circuíto electrónico de baixa voltaxe dun xoguete. É doado de realizar e non ten risco de electrocución xa que se traballa con correntes de entre 6 e 9 voltios. Empréganse elementos de pequeno tamaño e un soldador de estaño faise imprescindible.

O obradoiro celebrarase o martes 28 de setembro, de 18.00 a 20.00.

Trátase de abrir, inspeccionar e fedellar con xoguetes para, a partir deles, construír instrumentos musicais de carácter único.

Requisitos para participar:
Os participantes deben estar capacitados para manexar ferramentas.

Máximo: 13 alumnos.

Idade mínima: 14 anos.

Duración: dúas horas.

Material que ten que traer o alumno: un ou máis vellos xoguetes que teñan son e funcionen con pilas, pilas para ese xoguete, desaparafusador, alicates e, se é posible, un soldador.

Olaf Ladousse recalou en Madrid en 1992, logo de estudar Deseño Industrial en París e México. Ilustrador e debuxante de banda deseñada, desenvolveu paralelamente a súa actividade como músico da man das Solex e Os Cabalos De Düsseldorf (LCDD). Froito da mestura entre o deseño, a música e o debuxo naceron instalacións e performances sonoras con instrumentos da casa e forte carga gráfica. Tamén imparte obradoiros para difundir o que el mesmo chama “a arte da chafallada electroacústica” baseada na teoría exposta no seu manual Sopa de ortigas.

Inscricións do 6 ao 24 de setembro en obradoiros@espazossonoros.org


08/09/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión