San Ramón 2010

Martín Seco García

Dende o Grupo Municipal Socialista, como ven sendo habitual dende fai moitos anos, queremos recordarlles os nosos veciños, a nosa posición sobre a necesidade de que as festas patronais de San Ramón e Santa María sexan organizadas polos nosos responsables municipais, ó igual que o fan con outros actos festivos como é a celebración do FIV. Esta esixencia, queremos facela sen ánimo de entrar en ningún tipo de valoración da celebración das festas deste ano e respectando coma sempre a labor desinteresada que levan a cabo os membros da Comisión de Festas, que dende aquí, como veciños de Vilalba, agradecemos.

Antes de que a organización das festas de 2011 bote a andar, queremos solicitar dos nosos gobernantes a valentía política que fai falla para asumir a responsabilidade de organizar unhas festas dun pobo de máis de 15000 habitantes, que esixe unha maior profesionalidade nos nosos dirixentes, e unha capacidade de organización de eventos que ata o de agora o señor Criado e os seus compañeiros de partido non amosaron, agochándose nas sucesivas comisións de festas para esquivar as posibles responsabilidades da organización dun evento desta magnitude.

Facémolo porque teñen a súa disposición, toda a maquinaria necesaria para programar unhas boas festas, porque contan co tempo necesario para tal fin e teñen ó seu alcance os medios necesarios para coñecer as inquietudes dos nosos veciños. Por suposto que dita organización, debería ter en conta as forzas vivas da nosa vila e o sentir social do noso concello, polo que se debe de involucrar nesta organización, as asociacións existentes en Vilalba e porque non, involucrar tamén a aqueles veciños que desexen participar, formando parte da comisión de festas, sen perder por parte do concello, a responsabilidade última da organización dun evento tan importante para os vilalbeses.

Unhas festas como as patronais do noso concello, que xa obstentan unha categoría importante, non pode estar a expensas de que un grupo de veciños, poida ou non, mostrar a súa dispoñibilidade a organizalas, nin estar a espera de que ese grupo de persoas o faga dun xeito acorde cos gustos dos nosos cidadáns, este peso só pode recaerlle a aqueles que se presentaron a unhas eleccións para representar públicamente os seus veciños e foron elexidos para tal fin, polo tanto, teñen a resposabilidade de asumir o desgaste da organización dun evento deste nivel e saber encaixalas críticas ou os alagos que surxan da súa xestión, do mesmo xeito que dende o concello, lévase a cabo a organización dun festival como o FIV, cun éxito relativamente baixo de convocatoria, para a elevada cuantía, “40.000 euros”, invertida nun festival que endulza os gustos musicais de moi poucos dos nosos veciños, pero que dende o grupo de goberno lévase a cabo para contentar a uns poucos veciños.

Dende o noso Grupo, e coma sempre, amosamos a nosa dispoñibilidade absoluta para colaborar co grupo de goberno do PP para tal fin.

9 de set. de 2010

2 comentários :

  • Estou dacordo en que as festas deberían orgaizarse dende o concello. Pero as argumentacións dadas son completamente demagóxicas por subxetibas, os gustos dunha persoa, a que escribe.
    É tamén lametabel criticar outro evento realizado polo concello que nada ten que ver neste pseudo-artigo.
    Gustaríame ler a critica ás patronais, este persoaxe si as fixera o grupo de governo.
    Para falar das festas de Vilalba hai que ser do pobo, ou polo menos visitalas..

    9 de setembro de 2010, 12:50

  • Falas de argumentación pobre, ¿Parácheste a pensar, na que fas no teu comentario?: "para falar das festas hai que ser do pobo, ou polo menos visitalas...", dices que un artigo que escribe unha persoa, ou un grupo de persoas é "subxetivo", faltaría máis, menudo descubrimento, que argumentación máis sólida para criticar o que chamas "pseudo-artigo", con esa "pseudo-crítica" salchichera, que por outra parte só intenta dañar persoalmente o escritor, nin tan sequera a unha entidade. Que pena que todos saibamos de onde sae este tipo de actitudes sectarias hacia este veciño, que fan os mesmos de sempre, que todos coñecemos e que sei que o colaborador deste medio lle resbalan, indo a crítica persoal máis despectiva, negándolle a cidadanía como faría o mismísimo Hitler, sabendo que este veciño e concelleiro vilalbés deixa tanto tempo e dedicación aos problemas dos cidadáns do noso concello, aínda que para buscarse o pan, teña que traballar noutro pobo da nosa xeografía.

    Supoño que aínda que algún non entenda a crítica neste pobo, porque teñen bastante pouco de demócratas, teremos todos a capacidade de criticar a celebración dun evento que ten un elevadísimo presuposto para as arcas do concello e que aproveita moi pouca da sua poboación, será lexítimo que o faga alguén que foi elexido para fiscalizar ó grupo de goberno dende o seu cargo como concelleiro no noso pobo, que como tal está preocupado polas arcas da nosa vila.

    Por último, xa sei que ti es o que da carnets de vilalbés, e supoño que saberás moito do noso pobo, e se é así, adivinarás porque este cidadán ó que criticas e a súa familia, non acudiu as festas deste ano por primeira vez, e se tes algo de corazón que penso que non, daraste conta do ruín que fuches co teu comentario tan pobre de espíritu, e só espero que ti, non teñas que pasar polo mesmo que están pasando eles nos vindeiros anos e a forte dor por sentir a perda dun familiar tan importante durante as festas do pobo.

    Un bó amigo de Martín Seco

    14 de setembro de 2010, 16:42

Danos a túa opinión