O portal da AELG suma máis de cinco millóns de visitas

Redacción

En decembro de 2005 a AELG e a Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información (DXPISI), asinaron un protocolo de intencións cuxo principal interese era a creación dun novo espazo virtual de divulgación do sistema literario galego, aproveitando os fondos documentais da Aelg. Este marco de colaboración deu lugar a un convenio que permitiu a creación dentro da web da Aelg, http://www.aelg.org, do Centro de Documentación da Aelg, un lugar referencial na rede para coñecer os nosos escritores/as e a súa obra, e que arrancaba coa dixitalización de documentos e a creación do software necesario para a súa publicación na web.

Da necesidade da súa creación dá conta o grande aumento de visitas que tivo o portal durante os últimos cinco anos, en que pasou das 200 mil iniciais a exactamente 5.124.815 visitas a día de hoxe, debido á aquela iniciativa, que posteriormente foi incorporando máis contidos en seccións desenvolvidas a medida, que reflicten a actividade da Asociación e a dos seus socios e socias e que permiten que o público coñeza máis de preto os escritores e escritoras aos que len.

08/10/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión