Nun lugar dos soños con Darío Xohán Cabana

Redacción

A Asociación Cultural Xermolos e a Irmandade Manuel María organizan para o vindeiro sábado, 13 de novembro, unha homenaxe ao poeta chairego Darío Xohán Cabana, no marco do Paseo dos Soños a carón do Muíño do Rañego, no que se colocará o quinto hectómetro literario, adicado ao autor de Galván en Saor ou Morte de Rei, entre outros moitos títulos.

O acto comezará ás 12:00 horas cunha mesa redonda en torno ao poeta na que participarán Xosé Luís Calvo Vidal, Marica Campo, Paco Martin, Yago Rodriguez Yañez e Xulio Xiz, seguida da colocación do quinto hectómetro literario, e unha comida de irmandade no Restaurante Nova Ruta de Vilalba.

Para máis información, no teléfono 646413890.

10/11/2010

0 comentários :

Danos a túa opinión