Requiem por un castaño de Indias

Xulio Xiz.-

Eu de pequeño en Vilalba fun seriamente avisado de que baixo ningún concepto podía comer castañas indias dos castaños que había no Campo da Feira. Porque podía quedarme enano para sempre, xa que as castañas non permitían que os nenos medrasen, mesmo que fose unha sóa a que se comese.

Nin que dicir ten que nunca comín unha castaña india, e mira que me gustan as castañas “normais”, pero nunca ousei transgredir aquela norma, que era dogma de fe nun tempo en que o que os páis dicían “iba á misa”, e no que os nenos sabíamos que por riba de todo había que obedecer. Esa prohibición detecteina logo en Lugo, onde tamén había castaños dos chamados de Indias, que producían froitos que non podían ser comidos. E punto.

Os castaños enchían o vello campo da Feira, que iba desde a chamada Carretera ata as antigas Escolas, onde hoxe está a casa do concello. Castaños que desapareceron logo para dar paso a unhas árbores diminutas que tiñan que ser protexida por prismas triangulares de madeiros, para evitar que fosen arrasados polos animais levados á feira. Arboriños que tamén pasaron á historia e que hoxe só son lembranza dos que imos moi maiores.

Hai días entereime de que en Vilalba se cargaran un castaño de Indias, o que provocara unha certa polémica por estimalo de gran valor, e eu tiven que confesar que non tiña a menor idea de que existise, aínda que logo vendo as fotos resulta que si, que aínda que non o percibira moi claramente, sabía onde se encontraba.

Eu comprendo que un castiñeiro é un castiñeiro, e toda árbore merece respecto, pero que o corte dun castiñeiro en Vilalba provoque a atención e a protesta de ADEGA, é verdadeiramente notable, saíndo a relucir que estaba afectado por un fungo, que podería intervir a Universidade de Santiago a través do Campus de Lugo, lembrando que xa desapareceron moitos castiñeiros cando se construíu un aparcamento soterrado, cando eu coido que entre aqueles vellos castiñeiros e a construcción do aparcadoiro debeu mediar como mínimo un cuarto de século.

Cando tiven noticias da corta da árbore, temín que se tratase da pravia, o noso vexetal xigante máis representativo, pero polo que se ve a Pravia goza de boa saúde. Era un castaño, que non deixa de ter importancia, visto está, sobre todo desde o punto de vista político que mesmo provoca – pouco fai falla para que os políticos disintan- disensións entre o PSOE vilalbés, que non ten unha postura conxunta en relación co corte dunha árbore, que se supón é necesaria para poder levar adiante unha importante obra de separación de augas que evitará as periódicas enchentes e avenidas que sofren moitas casas vilalbesas.

Síntoo pola pobre árbore, que consideran centenaria, e daría castañas que nunca comín nin debera comer ninguén por se acaso son tan funestas como din.

De todas maneiras, non poido esquecer algún exemplo que por Lugo se deu hai agora vintecatro anos cando a construcción dos aparcamentos subterráneos. A construcción fixo que se cortasen unhas árbores denominadas “paulonios”, na praza do Ferrol, que se consideraban do maior valor natural. Os paulonios, en fin, plantáronse no parque de Frigsa, medraron, florecen... e durante este case cuarto de século ninguén volveu preocuparse por eles.

Que a preocupación pola natureza nos dure, e non sexa flor dun día.

10 de nov. de 2010

5 comentários :

  • A min tanto me preocupa a Pravia como os castiñeiros da Alameda. E neste caso, xa oín a escusa dos informes técnicos que non se ven por ningures, as tubaxes de augas pluviais que, oh, casualidade, tiñan que ir xusto por baixo do castiñeiro...

    Señor Xiz, a preocupación pola natureza, a nós que nos dure, pero a vostede que lle medre...

    23:57 do 10 de novembro de 2010

  • Cuando cortoran el Castaño de Indias he podido observar una madera blanca, sin pudricion, densa, homogénea. Tanto en la sección proxima a la raiz, como en la superior se observaba lo mismo. La raíz la tuvieron que levantar con una maquina de gran tonelaje. Yo no soy técnico, pero el árbol muerto no estaba, y de muerte inminente tampoco. Otra locura de nuestro Alcalde.

    21:31 do 13 de novembro de 2010

  • A ninguen lle preocupa as decenas de miles de euros que se gastarian nun posible tratamento. Prefiro que se gasten os cartos na xente e se cambie o castiñeiro por outro.

    03:31 do 16 de novembro de 2010

  • Paréceme razonable a opinión do Anónimo. Estou de acordo con el. Penso que o tema non se está a tratar con obxectividade e, por desgraza, estase a manipular políticamente.

    20:49 do 16 de novembro de 2010

  • Dende logo hai xente que non entende nadiña. Que non ho!, que non!, que non se trata só do castiñeiro, que son xa moitas as desfeitas na nosa vila e por unha vez hai xente disposta a dar un puñetazo enriba da mesa. Quen non recoñeza isto é que está nunha nebulosa.

    23:30 do 18 de novembro de 2010

Danos a túa opinión